Site icon Crónica3.com A Mariña

ABANCA e o GDR Terras de Miranda colaboran no impulso de novos proxectos e na mellora da sostenibilidade

Mondoñedo, 28 de abril, 2022. ABANCA e o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terras de Miranda veñen de renovar o seu acordo de colaboración co foco posto en dar resposta ás necesidades dos empresarios e na creación de emprego e autoemprego no sector servizos, industrial e agrogandeiro da comarca de A Mariña.

O acordo foi asinado esta mañá en Mondoñedo por parte do director de zona de ABANCA na Mariña, Carlos Teijeiro, e polo presidente do GDR Terras de Miranda, Vidal Martínez-Sierra.

O convenio pon o foco de forma relevante na reactivación económica a través do crédito co obxectivo de poñer en marcha novos proxectos e mellorar a competitividade dos actuais. Os beneficiarios de proxectos vinculados ao GDR accederán a condicións melloradas na contratación de produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais, anticipos de subvencións ou avais.

Por outra banda, o acordo inclúe unha oferta específica para os proxectos agrogandeiros, con créditos e préstamos específicos para o sector, liñas de comercio exterior, desconto comercial, confirming, liñas de comercio exterior, etc.

Os vinculados ao GDR poderán acceder ás vantaxes que ofrece o Programa Servizos ABANCA, que permite aforrar no pagamento dos servizos bancarios máis habituais. A entidade financeira tamén ofrece xestores especializados en materia de seguros ou banca electrónica para os interesados. Así mesmo, desde as oficinas de ABANCA, facilitarase información relativa ás opcións de financiamento mediante os convenios oficiais que o banco ten subscritos con diversos organismos públicos.

Exit mobile version