Site icon Crónica3.com A Mariña

Abren varios locais de hostalería do Vicedo con carácter temporal

O Vicedo, 7 de abril, 2022. apertura de locais de hostalería do Vicedo de carácter temporal.

-Os Cruces: o mítico restaurante de O Vicedo aberto en 1981 e pechado no 2020 reabriu o pasado venres 1 de abril recombertido en asador arxentino. Abrirá todos os días da Semana Santa e logo de xoves a domingo ata o verán, cando volverá a abrir diariamente.

-Parrillada Los Árboles: este restaurante situado na praia de Xilloi volverá abrir este venres día 8 de abril, permanecerá aberto toda a Semana Santa e dende entón de venres a domingo ata o verán, cando abrirá diariamente.

-Casa Fanego: o restaurante situado sobre a praia de Area Grande (San Román) reabre hoxe 7 de abril tras unha importante reforma. Abrirá toda a Semana Santa, todo o verán e todas as fins de semana do resto do ano.

-Chiringuito Abrela: fronte á praia de Abrela situase este local que, pese ao nome de chiringuito, non deixa de ser un restaurante especializado en peixes. Abriu o pasado venres 1 de abril e permanecerá aberto igual que os outros restaurantes nomeados.

Ademais, recordamos os demais locais que permanecen abertos todos os días do ano (inverno incluido): Mesón O Remo (Restaurante, O Vicedo), La Bodeguita del Puerto (Restaurante, porto do Vicedo), Cafetería Casa da Cultura (Bar, O Vicedo), Bar San Esteban (Bar, O Vicedo), Galatea (Bar, O Vicedo), Santo Domingo (Bar, O Vicedo) e Restaurante Area Grande (Restaurante, San Román).

Exit mobile version