Site icon Crónica3.com A Mariña

Abriu as portas en Ribadeo a nova edición do mercadillo solidario con Ucraína

Ribadeo, 14 de abril de 2022. Esta tarde abriu as súas portas en Ribadeo unha nova edición do mercadillo solidario para recadar fondos destinados a unha asociación que trae nen@s ucraín@s a Galicia desde hai anos, algúns deles a Ribadeo.

O mercadillo prolongarase ata o vindeiro domingo, día 17, nun local da rúa Viejo Pancho, concretamente no baixo que ocupaba a Droguería Pulpeiro, fronte á oficina de Abanca. No establecemento poñen á venda artigos como cadros, gorros, garavatas, bisutería, revisteiros, mesas, cabeceros de camas e diversos obxectos decorativos doados para a causa.

As promotoras desta iniciativa explican que “ante la buena acogida del mercadillo solidario que ya organizamos hace quince días, volvemos a abrir las puertas de este local que nos cedieron en la calle Viejo Pancho con el objetivo de recaudar fondos para la asociación Niños de Ucrania en Galicia y Andalucía”.

E engaden: “queremos aprovechar estas fechas en las que mucha gente visita Ribadeo para hacer una llamada a la solidaridad con estas niñas y estos niños de Ucrania, que siguen en ese país con importantes necesidades como consecuencia de la invasión rusa. Toda colaboración será bienvenida”.

O mercadillo abre hoxe, Xoves Santo, de 17:00 a 20:00 horas, mañá venres e o sábado de 11:00 a 14:30 e de 17:00 a 20:00 horas e o domingo de 11:00 a 14:30 horas.

Exit mobile version