Site icon Crónica3.com A Mariña

Clausurado o curso de inglés básico para a atención ao público do proxecto Ribadeo Suma Emprego

Ribadeo, 29 de abril de 2022. O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, asistiu á clausura do curso de inglés básico para a atención ao público, que se veu celebrando desde o pasado 22 de marzo dentro do proxecto Ribadeo Suma Emprego.

Na súa intervención o edil ribadense dixo que “hoxe rematamos o curso de inglés ao que estades asistindo dende o pasado 22 de marzo, e que está enmarcado no proxecto Ribadeo Suma Emprego. Dende a Area de Desenvolvemento Local do Concello plantexámonos a necesidade de realizar esta formación co obxectivo de incrementar os recursos das persoas que estades traballando ou buscando emprego no ámbito da atención ao público”.

Pablo Vizoso agarda que a formación fose aproveitada polos asistentes: “agardamos que este curso vos aportara esas nocións básicas de atención ao público en inglés que pretendíamos, e que vos axude a manexarvos con maior soltura neste idioma”.

E tamén tivo palabras de agradecemento para o alumnado: “quería agradecervos o voso compromiso pola asistencia durante todo este tempo, facendo así posible que os recursos públicos empregados sexan aproveitados de forma práctica. A maiores, sei que algunha das persoas aquí presentes seguirá participando neste programa no curso preparatorio para os exames de Competencias Clave Nivel 2, que dará inicio no mes de maio”.

O curso de inglés foi impartido por Marga Cela.

Exit mobile version