Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezaron as visitas guiadas para os centros escolares da Mariña no CENIMA de Foz á exposición adicada a Quique Guerra

A Mariña, 22 de abril, 2022. O 19 de abril comezaron as visitas guiadas para os centros escolares da Mariña no espazo do CENIMA de Foz. Máis de 2000 escolares percorreran a exposición adicada a Quique Guerra ó que acompañan 24 artistas da Mariña e invitados.

Esta exposición permanece aberta ate o 6 de Maio e os escolares contarán ca visita guiada por dous monitores que explicaran o seu contido. Dentro dos obxectivos que persigue a Asociación Tá en artes, unha das prioridades, é achegar a formación plástica na súa educación. Estes/as escolares realizarán a súa propia exposición en Xuño.

Exit mobile version