Site icon Crónica3.com A Mariña

Curso de barnizado e lacado no CIFP porta da auga de Ribadeo

Ribadeo, 8 de abril de 2022. O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, acolle hoxe, venres, un curso de barnizado e lacado para o alumnado do Ciclo de Obras de Interior. Está impartido por un responsable da empresa Pinturas Montó e por un pintor profesional, que se desprazaron ao centro ribadense para ensinar aos alumnos novidades en produtos, técnicas e maquinaria para súa aplicación.

O xefe do Departamento de Edificación e Obra Civil no CIFP Porta da Auga, José Méndez de Andés, explica que “é un curso básico de barnizado e lacado impartido pola empresa Pinturas Montó, no cal estamos vendo produtos novos e tamén novidades en maquinaria. Con esta formación o alumnado do Ciclo de Obras de Interior, dentro do módulo de pintura, reforza conceptos máis profesionais e tamén aprenden a usar estes produtos e máquinas novas que están aquí hoxe. Están vendo todo o proceso: desde a preparación da superficie para realizar un barnizado e un lacado ata o acabado final, usando distintos tipos de produtos (poliuretanos, nitrocelulósicos, acrílicos,…) e diversa maquinaria, como aerográficos, airless, airmix,…”.

José Méndez de Andés destaca que “é un curso que está moi ben porque aparte da formación que damos no centro supón un plus a maiores para o alumnado ver os produtos que están aplicando os profesionais do sector porque moitos dos alumnos en setembro, cando acaben o ciclo, irán facer prácticas nunha empresa do sector de pintura. Entón é algo moi bo que vexan como traballan as empresas e que máquinas e produtos utilizan”.

Exit mobile version