Site icon Crónica3.com A Mariña

Este mércores tivo lugar no salón de actos da Biblioteca Pública de Lugo a presentación do libro disco ‘Mondoñedo no Camiño de Santiago a través das súas personaxes’ con música de Xan Carballal, libreto de Pepe Peinó, creado no seo da Escola Municipal de Música de Mondoñedo, e financiado polo Xacobeo

Abríu o acto Sabela Pérez, directora da biblioteca pública de Lugo, e interviñeron Pepe Peinó, Xan Carballal, Alberto García concelleiro de cultura de Mondoñedo, e pechou o acto Javier Arias, delegado territorial da Xunta en Lugo. O acto celebrouse dun xeito moi familiar gracias ao acolledor entorno que ofreceu a biblioteca e ao interese e cariño co que o público asistente o acolleu.

Exit mobile version