Site icon Crónica3.com A Mariña

‘Estratexias para a busca de emprego’, os días 19 e 20 de abril, na Aula CeMIT de Ribadeo

Ribadeo, 12 de abril de 2022. Estratexias para a busca de emprego é o título do curso que se impartirá a vindeira a semana, os días 19 e 20 de abril, na Aula CeMIT co Concello de Ribadeo. Está dirixido a mulleres de 18 a 65 anos.
Segundo explican desde a Aula CeMIT “trátase dun curso presencial, que se desenvolverá en horario de tarde de 17 a 20 horas. Esta formación ten coma destinatarias ás mulleres de entre 18 e 65 anos. O obxectivo principal é fomentar a empregabilidade e o emprendemento das mulleres, mediante o uso das novas tecnoloxías que temos o noso alcance”.

O día 19 a temática que se abordará estará centrada nas competencias dixitais para a busca de emprego, usando o ordenador. E o día 20 as asistentes afondarán en cómo afrontar unha entrevista de traballo.

As mulleres interesadas en acudir a este curso deben anotarse. O prazo de inscrición está aberto en horario de 09:00 a 15:00, nos teléfonos 982120739-982120732 e tamén no correo electrónico cemit.ribadeo@xunta.gal

Esta formación está organiza polo CIM e pola Área de Emprego do Concello de Ribadeo.

Exit mobile version