Site icon Crónica3.com A Mariña

Exposición de autores locais no Valadouro

A Delegación de Cultura do Concello do Valadouro informa de que a Exposición de Autores Locais que se inaugurou o pasado 25 de marzo, continua aberta durante este mes de abril ata o día 30. As obras atópanse na instalacións da planta baixa da Casa da Cultura en horario de 10:00 a 14:00 polas mañás e de 15:30 a 20:30 polas tardes. Nesta exposición Fina Geada, Emilio Miguez e Pilar Casabella amosan os seus últimos traballos feitos con distintas técnicas artísticas e pictóricas inspiradas na natureza, nas vilas do entorno, nas súas xentes e nas súas raices.

Exit mobile version