Site icon Crónica3.com A Mariña

Incendio nunha cociña en Ribadeo

Ribadeo, 19 de abril, 2022. Un incendio nunha cociña en Ribadeo mobilizou aos Bombeiros de Barreiros. Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais, aínda que, segundo concretaron os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento obrigou a confinar aos moradores do edificio mentres duraron as súas labores de extinción e ventilación da casa afectada.

Cando faltaban dez minutos para as dúas desta tarde, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para alertar dun lume nunha vivenda situada na Avenida de Galicia, en Ribadeo. A partir de aí, o 112 Galicia informou, ademais de aos bombeiros, aos axentes da Garda Civil, da Policía Local e aos voluntarios de Protección Civil da localidade. Do mesmo xeito, púxose en alerta ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por se nalgún momento fose precisa a súa intervención.

Unha vez extinguido, os bombeiros confirmaron que, o lume, só afectou á cociña e deron por finalizada a súa intervención.

Exit mobile version