Site icon Crónica3.com A Mariña

Jorge Díaz asegura que os contedores do peirao son xestión de Portos de Galicia e non do Concello de Ribadeo

Ribadeo, 26 de abril de 2022. O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, asegura que os contedores que teñen as tapas de distinta cor na zona do peirao son xestión de Portos de Galicia e non do Concello. De todos os xeitos o edil sinala que contactarán con este ente autonómico para que corrixa esta situación. Deste xeito responde ás críticas vertidas nas últimas horas polo grupo municipal do PP.

Díaz Freije declarou que “eses contedores do porto de Ribadeo están mal porque esas cores non corresponden cos residuos que hai que botar neles, pero están en zona portuaria, de Portos de Galicia, e polo tanto non corresponden ao Concello”.

E engadiu: “pero vamos enviar información a Portos para que cando poidan ou teñan a ben muden eses contedores e normalicen o servizo para que estea todo como debe. Insisto e recalco que eses recipientes son xestión do ente autonómico Portos de Galicia e non do Concello de Ribadeo”.

Exit mobile version