Site icon Crónica3.com A Mariña

Julio Delgado regresa ao banco laranxa

Burela, 15 de abril, 2022. Julio Delgado regresa á que é a súa casa tras a decisión consensuada entre directiva e Lucas da súa non continuidade. Despois de tomarse un descanso e pasar unha etapa no Rodiles, Club que facilitou a contratación do Salamantino, está preparado para continuar coa estela de éxitos do Burela e afrontar de novo o desafío que se lle presenta.

O técnico é o máis adecuado actualmente, pois vén apoiado pola súa gran experiencia como xogador da casa e como adestrador xa anteriormente do equipo das guerreiras, gañando todos os títulos posibles. Con el, a plantilla foi nomeada mellor equipo do mundo e Julio foi galardoado como segundo mellor técnico do mundo nos premios FutsalPlanet.
O Pescados Rubén Burela vai acabar o seu último tramo de tempada con Julio Delgado como adestrador, quedando dous títulos pendentes e moi posibles de conquistar con traballo, os cales son a liga e a copa da Raíña. Así pois, esperamos que este nomeamento veña cargado de éxitos.

Exit mobile version