Site icon Crónica3.com A Mariña

Lucas non continuará no banco do Pescados Rubén Burela

Burela, 13 de abril, 2022. Pescados Rubén Burela e Iván Cao Valle chegaron a un acordo para que este non siga no banco laranxa. Lucas, tras unha etapa chea de éxitos e cun rendemento altísimo, conquistando títulos e sen perder apenas partidos, vai deixar de adestrar ás xogadoras neste último tramo da competición. Foi unha época con moito traballo e sacrificio, que hoxe acaba froito do esgotamento e cansazo acumulado tras todos estes esixentes partidos e competicións.

Lucas gañouse a pulso o respecto e aprecio incondicional de todo o club en todos os seus organismos, incluíndo directiva, corpo técnico, persoal, afección, e un longo étc. Desde o Pescados Rubén Burela, agradecémoslle toda a súa implicación dende o inicio, amosando a diario o seu compromiso e ganas de que este Club sexa coñecido en todo o mundo polos seus insuperables éxitos.

As guerreiras van afrontar as últimas xornadas de competición dando a súa mellor versión, quedando 8 xornadas de Liga, a fase da copa da Raíña, e o máis que probable play off polo título de liga.

Exit mobile version