Site icon Crónica3.com A Mariña

Monitoras do Centro Gaia de Burela realizan actividades de reciclaxe no Ceip Virxe do Carme para traballar os valores medioambientais coas nenas e nenos de infantil

Burela, 26 de abril de 2022. O Centro de Educación Medioambiental Gaia, dependente da área de Medio Ambiente do Concello de Burela, está a realizar actividades de concienciación e traballo dos valores medioambientais para nenas e nenos.

Este luns, as monitoras de Gaia realizaron unha pequena actuación de maxia nomeada “As magas da reciclaxe” para o alumnado de 6º de infantil do Ceip Virxe do Carme de Burela. O obxectivo desta acción é a de aprender a reciclar, especialmente no contedor azul.

Con esta representación pretenden que os máis pequenos saiban o que se bota neste contedor, é dicir, envases de papel e de cartón, dun xeito máis dinámico e orixinal que facilite a adquisición e a integración de hábitos respectuosos co medio.

As aulas de 4º e 5º de infantil do mesmo centro terán esta pequena acción mañá, mércores, con contidos adaptados á súa idade nunha aposta da delegación e o centro por concienciar á poboación desde idades temperás en valores medioambientais e na importancia de non danar á natureza e coidar e conservar os recursos existentes.

Exit mobile version