Site icon Crónica3.com A Mariña

Novo mercadillo solidario con Ucraína en Ribadeo

Ribadeo, 11 de abril de 2022. Un grupo de ribadenses organiza unha nova edición do mercadillo solidario para recadar fondos destinados a unha asociación que trae nen@s ucranian@s a Galicia desde hai anos, algúns deles a Ribadeo. Será esta semana Santa do xoves 14 ao domingo 17, nun local da rúa Vello Pancho, concretamente no baixo que ocupaba a Droguería Pulpeiro, fronte á oficina de Abanca.

As promotoras desta iniciativa explican que “ante la buena acogida del mercadillo solidario que ya organizamos hace quince días, volvemos a abrir las puertas de este local que nos cedieron en la calle Viejo Pancho con el objetivo de recaudar fondos para la asociación Niños de Ucrania en Galicia y Andalucía”.

E engaden: “queremos aprovechar estas fechas en las que mucha gente visita Ribadeo para hacer una llamada a la solidaridad con estas niñas y estos niños de Ucrania, que siguen en ese país con importantes necesidades como consecuencia de la invasión rusa. Toda colaboración será bienvenida”.

O mercadillo estará aberto ao público o Xoves Santo de 17:00 a 20:00 horas, o venres e o sábado de 11:00 a 14:30 e de 17:00 a 20:00 horas e o domingo de 11:00 a 14:30 horas.

Exit mobile version