Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro anima á cidadanía a intercambiar as súas lecturas na iniciativa “Colle unha historia e deixa outra”

Viveiro, 22 de abril de 2022. O Concello de Viveiro comparte a iniciativa do seu grupo de Participación Xuvenil con motivo do Día do Libro que se celebra mañá, 23 de abril. O grupo propón un intercambio de libros, “Colle unha historia e deixa outra”, co apoio das concellerías de Benestar Social e de Cultura.

As caixas están feitas de madeira e decoradas polos propios mozos e mozas. A cidadanía pode levar un libro das caixas e deixar outro nelas, procedendo ao intercambio e desfrutando das lecturas. Actualmente xa se poden localizar as caixas nos seguintes locais: Carlín, Santiaguito, Rasca e Pica, e OGE – Casa da Xuventude.

A iniciativa persegue un dobre obxectivo, dunha banda que a cidadanía poida descubrir novas obras literarias e xéneros distintos dos que habitualmente le. Doutra banda, a proposta busca facilitar o acceso aos libros ás persoas con menos recursos, para que as circunstancias económicas non limiten o consumo cultural.

“Agardamos que a cidadanía de Viveiro mostre a súa habitual implicación e solidariedade, con aportacións de libros que permitan favorecer este intercambio e o acceso á cultura”, sinala Victoria Baamonde, concelleira de Benestar Social.

Exit mobile version