Site icon Crónica3.com A Mariña

O delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou o IES María Sarmiento de Viveiro para felicitar persoalmente a Mateo Rubal, que vén de gañar a medalla de ouro como mellor soldador no certame Spain Skills para estudantes de FP, celebrado en Madrid

Rubal representaba a Galicia logo de gañar a final autonómica, á que asistiu como alumno do instituto viveirense. O delegado tamén felicitou a Sergio Martínez e Adrián López, estudantes do mesmo centro que participaron na final estatal, na que Galicia logrou un total de cinco medallas, quedando terceira en número de medallas de ouro -tres, más unha de prata e outra de bronce-. Arias gabou o gran traballo dos alumnos e dos docentes “que son a mellor manifestación da excelencia da FP galega e nos anima a continuar impulsando estas ensinanzas segundo a folla de ruta marcada na Estratexia FP Galicia 2030”, destacou.

Exit mobile version