Site icon Crónica3.com A Mariña

O edil de Turismo, Ramiro Fernández, acudirá este sábado á Feira de Abril convidado polo Lar Gallego de Sevilla, que dedica a súa caseta este ano a Burela

Burela, 29 de abril de 2022. O Lar Gallego de Sevilla dedica este ano a súa caseta na Feira de Abril ao municipio de Burela, lugar ao que acudirá este sábado 30 de abril o edil de Turismo, Ramiro Fernández Rey, convidado pola entidade á tradicional “Cena del Pescaíto”.

O goberno local aproveitará o convite para facer promoción turística do municipio no evento, con motivos mariñeiros, redes, vinilos e mesmo un cadro pintado de Burela.

Fernández Rey agradeceu ao presidente do Lar Gallego de Sevilla, José Antonio Otero Fernández, “a oportunidade que supón esta invitación e a iniciativa de dedicar á nosa localidade a súa caseta, pois contan con máis de 800 socios e unha das casetas máis grandes de entre as máis de mil que hai na feira, e polas que pasará moitísima xente”.

O edil de Turismo fará entrega dun agasallo institucional en nome do concello como mostra de gratitude, “moi satisfeitos con esta relación que se establece entre o norte e o sur, que permite dar a coñecer a nosa cultura, patrimonio, gastronomía e paisaxes, así como poder coñecer de primeira man como viven os andaluces un dos eventos máis sonados e importantes da súa cultura”.

Exit mobile version