Site icon Crónica3.com A Mariña

O GALP A Mariña Ortegal leva a cabo una iniciativa educativa coa que pretende fomentar o coñecemento sobre o sector do mar entre cativos de 3 a 5 anos

Viveiro, 21 de abril de 2022. Dentro da súa programación anual de dinamización o GALP A Mariña Ortegal ven de incluír una iniciativa educativa e de carácter divulgativo coa que pretende fomentar o coñecemento sobre o sector do mar entre cativos de 3 a 5 anos ao tempo que potencia a súa curiosidade innata.

Despois de semanas de difusión e contacto cos centros educativos e coas vacacións de Semana Santa por medio, o calendario de datas para a realización das actividades xa está pechado: dende o vindeiro 27 de abril ás 10h e ata o 1 de xuño, un total de 15 escolas do territorio cuns 600 escolares de educación infantil formarán parte deste programa.

O calendario levará esta iniciativa polas seguintes localidades:
27 de abril: en O Vicedo e Mañón,
18 de maio: en Viveiro,
19 de maio: en Ortigueira,
23 de maio: en Barreiros e Ribadeo,
25 de maio: en Cariño e Cedeira,
26 de maio: en Foz,
1 de xuño: en Cervo, Xove e Burela.

Das temáticas ofrecidas no programa (Quen vive no noso mar?, Imos á peixería, Basuras mariñas e Artes de Pesca) a máis escollida foi Quen vive no noso mar? escollida por 10 das escolas participantes, seguida de Basuras mariñas escollida por catro delas e Imos á peixería que será realizada nunha das escolas.

O equipo de divulgadores co que o GALP A Mariña-Ortegal conta para este programa está conformado por oceanógrafos/as con experiencia no desenvolvemento de actividades educativas e de divulgación científica en relación ao medio mariño e ao sector da pesca.

Exit mobile version