Site icon Crónica3.com A Mariña

Obradoiro de interpretación en Barreiros

Barreiros, 7 de abril, 2022. O Colectivo Cultural Ollomao organiza un obradoiro de “iniciación á interpretación” de 24 horas de duración, impartido por D. Fernando Llera Rodríguez, profesor da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, no que se traballará na “Iniciación ás técnicas e ferramentas que desenvolven o traballo de interpretación, dende as perspectivas do adestramento actoral e da composición da personaxe de cara á posta en escena”.

Este obradoiro celebrarase no lugar, datas e horarios que de seguido se detallan:
• Lugar: Colexios Vellos de San Miguel de Reinante
• Datas: 23-24 abril e 21-22 maio de 2022.
• Horario: Sábados de 10:00 h. a 14:00 h. e de 16:00 h. a 20:00 h. e domingos, de 10:00 h. a 14:00 h.

O prezo do curso é de 35 € e as prazas adxudicaranse por estrito orde de chegada das solicitudes.

Para inscribirse abonda con enviar un e-mail a colectivo.cultural.ollomao@gmail.com facendo constar o seu nome, teléfono e/ou enderezo electrónico e DNI. Unha vez adxudicadas as prazas porémonos en contacto coas persoas admitidas para indicarlles o número de conta onde deberán facer o ingreso.

Exit mobile version