Site icon Crónica3.com A Mariña

Pescados Rubén 7-2 Arriva AD Alcorcón FSF

Burela, 15 de abril, 2022. Pode que estes días houbese cambios importantes no equipo, con todo o que non vai cambiar é as ganas da guerreiras de seguir sumando triunfos e así o amosaron esta mañá en Vista Alegre, ao impoñerse 7-2 Arriva AD Alcorcón FSF, gran rival que está a loitar a súa entrada en postos de play-off.

O encontro desta tarde en Vista Alegre comezaba con intensidade como de costume, e xa houbo unha dobre ocasión nada máis pitar o árbitro para o Burela. Non ía tardar en anotar o conxunto local, xa que no minuto 1 Emilly, adiantaba ás laranxas. Os minutos iniciais foron un intercambio de ocasións e o Alcorcón estaba a mostrar o seu bo xogo cando chegou o empate no minuto 9 a través de Iraia.

Había moito xogo e oportunidades na cancha, e no minuto 12 Danny despois dunha xogada do equipo aproveita un rebote na área tras un disparo de Cami. O Alcorcón reaccionou rápido e en dous minutos anota, no 14, tras un contragolpe que culmina Laura Oliva.

O último tramo da primeira parte foi moi igualado, non adiantándose ningún equipo ata que chegou o final dos 20 minutos iniciais.

Comezaba a segunda parte cun Burela que xa tivo dúas ocasións para adiantarse. No trancurso inicial da segunda parte, as laranxas buscaban o gol, pero a igualdade era total en Vista Alegre. O equipo rival tivo ocasiones pero Jozi respondía ben baixo paus.
Chega o minuto 30 cun gol de Ale de Paz, para romper o marcador. A partir dese momento, o partido empeza a desmadrarse e todas as ocasións que non entraron nos minutos anteriores ían entrar a continuación. No Minuto 32, Emilly aumenta a renda das guerreiras tras unha xogada con M.Cortés que lle deixa o balón a pracer. Dous minutos despois, volve incrementar a súa vantaxe o Burela por mediación de Elenita, nesta ocasión con Emilly de asistenta.

O Alcorcón sacou o xogo de cinco para reducir vantaxes, non obstante o que ía producirse sería no minuto 36 o gol de Ale de Paz aproveitando unha xogada de Dany.

Nos últimos minutos de xogo, o Burela buscaba sumar outro gol. No minuto 39 tras recuperar un balón, Jozi executa un bo disparo sen que o balón botase para poñer o definitivo 7-2 esta mañá en Vista Alegre.

Ficha técnica
Pescados Rubén Burela: Jozi, Dany, Ale de Paz ,Cami, Emilly, Cinco inicial- Jenny, Lara Balseiro, Elenita, Bea Mateos, Cilene, Elena Aragón, M.Cortés y Sandra Buzón
Arriva AD Alcorcón FSF: Aida De Miguel, Tania, Laura, Clau López, Ballesteros, Paula Llorente, Laura Oliva, Patri Arruti, Nere Moldes, Estela, Marta Nuño, M. De Diego, Iraia
Goles: Min 1 Emilly 1-0; Min 9 Iraia 1-2; Min 12 Dany 2-1; Min 14 Laura Oliva 2-2; Min 30 Ale de Paz 3-2; Min 32 Emilly 4-2; Min 34 Elenita 5-2; Min 36 Ale de Paz 6-2; Min 39 Jozi 7-2.
Equipo arbitral: CARDERO RODRÍGUEZ, GUNTÍN GARRIDO – DARRIBA RIVAS, LÓPEZ SEIJAS. Cartóns amarelos a Cami e Ale de Paz.
Incidencias: Partido da xornada 23 de Primera División RFEF, disputado no pavillón Vista Alegre de Burela.

Exit mobile version