Site icon Crónica3.com A Mariña

Primeira vitoria oficial en Vista Alegre de Julio Delgado tras a súa volta ao banco laranxa, 8-2 ao Raio Majadahonda

Burela, 23 de abril, 2022. O Pescados Rubén Burela consegue impoñerse ao Raio Majadahonda AFAR 4 FSF 8-2, no que significa a primeira vitoria oficial en Vista Alegre de Julio Delgado tras a súa volta ao banco laranxa.

O partido comezaba con ocasións para o equipo visitante, con dous bos disparos a portería que puideron significar abrir o marcador. Con todo, ía poder máis a calidade das laranxas, e chegado o minuto 5 de encontro, Dany foi quen inaugurou o marcador hoxe en Vista Alegre.

O Majadahonda seguía buscando achegarse á portería, pero calquera situación en ataque do Pescados Rubén Burela era perigosa, pois non lle facía falta moito para anotar e así o fixo no minuto 11 Lara Balseiro segundo roto á pista.

Soamente dous minutos despois, O Burela completa unha paralela de luxo na cal Dany volve anotar e poñer o 3-0.

Era cuestión de 2 minutos máis, e o Burela seguía aumentando no minuto 15 a súa renda por mediación de Elena Aragón tras aproveitarse dun rexeite dun disparo de Ale de Paz. Ía chegar o Descanso en Vista Alegre cos últimos minutos da primeira parte sen novidades e cun 4-0 a favor do Burela.

Empezou a segunda parte con tolemia, parecía que xa desde o inicio o marcador non se ía a quedar así. Con isto, no minuto 21 logra reducir distancias o Majadahonda con Andrea Feijóo como protagonista, pero na seguinte xogada na que sacan de medio campo, anotaría Irene Samper o que foi o 5-1.
Despois disto as laranxas pasaron un gran tamo buscando aumentar a súa renda, atacando todos os minutos na área rival. Así pois, chegaría o 6-1 no minuto 27 de Cami tras incorporarse cun bonito disparo coa zurda.

As visitantes non ían deixar que o marcador queda así, e tras algunha oportunidade ían reducir distancias no minuto 34 a través de Moni. O partido ía seguir sen cambiar uns cuantos minutos, pero nos dous finais ían aumentar a renda laranxa primeiro Elenita despois dun pase extraordinario no min 38 e posteriormente Irene Samper que estaba a buscar o tanto no minuto 39.

O partido ía acabar co contundente resultado de Pescados Rubén Burela 8 Raio Majadahonda AFAR 4 FSF 2.

Ficha técnica
Pescados Rubén Burela: Sandra, Cami, Leti M.Cortés, Irene Samper, Emilly –cinco inicial- Bea Mateos, Elena Aragón, Dany, Ale de Paz, Jenny, Jozi e Elenita.
Raio Majadahonda AFAR 4 FSF: Lauri, Montull, Coral, Alba Pena, Cels ,Peque, Vero, Pitxi, Andrea Feijoo, Mireia, Chili Pitu e Moni.
Goles: 1-0 Dany Min 5; 2-0 Lara Balseiro min 11, 3-0 Min 13 Dany, 4-0 Min 15 Elena Aragón, Min 21 4-1 Andrea Feijoo; Min 22 Dany 5-1; Min 26 6-1 Cami; Min 33 Moni 6-2; Min 38 Elena ; Min 39 Irene Samper.
Equipo arbitral FELIZ OTERO- OTERO MIRA , VIEITO REGUEIRA- DOUS SANTOS MON. Tarxetas amarelas a Dany e Irene Samper.
Incidencias: Partido correspondente á xornada 24 de Primeira División RFEF Feminina de Futsal, disputado no pavillón Vista Alegre de Burela.

Exit mobile version