
Este domingo, ás 17 h, farase un acto con motivo do Día Mundial do Medio ambiente: unha recollida de lixo na Praia de Illas para chamar a atención sobre o necesario compromiso de todos e todas nós de mantermos limpas as nosas praias ao longo do ano. Agora que se aveciña o verán, e que van ser moi vsiitadas, adquiramos todos e todas o compromiso de comportármonos responsabelmente coidándoas día a día. Ademais, farase unha lectuira de textos de autores e autoras galegas evocando esa necesaria conciencia recolóxica.