Site icon Crónica3.com A Mariña

A Agrupación Cultural Francisco Lanza organiza este domingo un acto con motivo do Día Mundial do Medio ambiente

Este domingo, ás 17 h, farase un acto con motivo do Día Mundial do Medio ambiente: unha recollida de lixo na Praia de Illas para chamar a atención sobre o necesario compromiso de todos e todas nós de mantermos limpas as nosas praias ao longo do ano. Agora que se aveciña o verán, e que van ser moi vsiitadas, adquiramos todos e todas o compromiso de comportármonos responsabelmente coidándoas día a día. Ademais, farase unha lectuira de textos de autores e autoras galegas evocando esa necesaria conciencia recolóxica.

Exit mobile version