Site icon Crónica3.com A Mariña

A deputada de Medio Rural, Mónica Freire, entregou os premios do concurso de gando das Quendas de Mondoñedo

Mondoñedo, 1 de maio de 2022. A deputada de Medio Rural Mónica Freire asistiu este domingo á feira das Quendas de Mondoñedo, que se retomou tras dous anos de parón pola pandemia dando continuidade á tradición gandeira desta cita cun feira cabalar e de razas autóctonas.

A responsable provincial participou na entrega de premios de concurso de gando, financiado pola área de Medio Rural a través dunha achega á Asociación As San Lucas, organizadora da feira.

En total, repartíronse 2000 euros en premios, con recoñecementos as gandeirías con maior número de cabeza de gando cabalar na feira, aos mellores cabalos de pura raza galega, aos mellores cabalos percheróns, ao mellor burro e ao mellor poldro de 2022.

Tamén ao cabalo mellor engalanado ao xeito tradicional galego, aos xinetes e amazonas máis vellas e novas, e aos mellores exemplares de raza rubia galega, cachena, caldelá, porco celta e ovella e cabra galega.

Mónica Freire sinalou “o dinamismo da feira que mantén viva a tradición gandeira do concello e da Mariña interior e pon en valor o traballo dos criadores e criadoras de gando cabalar, fundamental na conservación do territorio”, ao tempo que lembrou o compromiso da área de Medio Rural coas entidades que traballan na recuperación de razas autóctonas como Puraga, Asoporcel ou Boaga, presentes tamén na feira.

Exit mobile version