Site icon Crónica3.com A Mariña

A Mariña COGAMI imparte unha charla de sensibilización sobre discapacidade a alumnado do centro escolar Landro de Viveiro

Viveiro, 2 de maio, 2022. A asociación A Mariña COGAMI está a levar a cabo unha campaña de sensibilización e prevención de lesión medular que realizou no colexio CPR Landro de Viveiro, na que participaron un total de 25 alumnas e alumnos de 6º de Primaria.

Esta campaña sensibiliza sobre as causas e consecuencias dos accidentes medulares para concienciar sobre a importancia de evitar situacións de risco tanto en estradas como en praias e piscinas, principais focos de sinistralidade entre a mocidade.

Esta sesión informativa contou coa participación da traballadora social da entidade A Mariña COGAMI, Patricia Vidal, quen estivo acompañada por Alejandro González, un voluntario da asociación que leva moitos anos colaborando neste programa contando a súa historia persoal.

Dende A Mariña COGAMI agradecen a implicación e colaboración da comunidade escolar na difusión desta campaña que intenta crear conciencia entre a xente nova e apostar por unha educación en valores e inclusiva.

Esta é a terceira charla de sensibilización realizada durante este ano na zona da Mariña. As outras dúas anteriores foron en CIFP Porta da Auga de Ribadeo.

Exit mobile version