Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta destaca en Viveiro a importancia dos premios AJE Galicia para reivindicar o carácter emprendedor da xuventude galega

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou na entrega dos XI Premios Xove empresaria/o e Iniciativa emprendedora de Galicia

Viveiro, 27 de maio de 2022. O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, salientou hoxe en Viveiro na entrega dos XI Premios Xove empresaria/o e Iniciativa emprendedora de Galicia, organizado por AJE Galicia, a importancia destes galardóns para reivindicar o carácter emprendedor da xuventude galega, resaltando o talento tanto dos proxectos finalistas como dos gañadores dos premios, así como a súa aposta pola innovación, a tecnoloxía, a sustentabilidade e o servizo social.

Neste sentido, o responsable de Economía, Industria e Innovación do Goberno galego, salientou que a pesar do complexo contexto actual o talento mozo e a Galicia emprendedora continúan a dinamizar a economía. Así, na súa intervención no acto, ao que tamén asistiu a secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, Conde puxo de relevo que en Lugo se crearon 153 empresas no primeiro cuadrimestre do ano, experimentando o maior incremento das catro provincias galegas (cunha suba do +9,3%) e situándose xa en cifras prepandemia.

Exit mobile version