Site icon Crónica3.com A Mariña

Acisa Ribadeo recolle fondos económicos para axudar a unha familia ucraína que acaba de chegar á localidade

Ribadeo, 5 de maio de 2022. Acisa Ribadeo recolle fondos económicos para axudar a unha familia ucraína que acaba de chegar á localidade procedente de Snovs. Trátase dunha nova nai treintañera, que fuxiu da guerra xunto aos seus fillos e fillas de 2, 3, 4, 10, 11 e 14 anos.

Esta familia alóxase cunha parella ribadense, que lles abriu as portas da súa casa para que poidan emprender unha nova vida lonxe do conflito que vive Ucraina. Desde Acisa Ribadeo sinalan que “queremos ofrecer nuestro apoyo a esta madre y a sus hijos. Y desde Acisa lo que ponemos a disposición de los ribadenses es un número de cuenta para que puedan hacer las aportaciones económicas que consideren. Toda ayuda será bienvenida. Son 7 personas que se están alojando con un matrimonio ribadense, que necesitan comida, productos de higiene, pañales para los bebés, ropa, calzado, material escolar, etc… todo lo que cualquier persona precisa en su día a día”. O número de conta é o seguinte: ES47 2080 0140 1530 4020 1283 de ABANCA. “A la hora de hacer las aportaciones como concepto pondremos Donativo familia ucraniana en Ribadeo”, puntualizan desde Acisa. E engaden que “los donativos podrán hacerse durante todo el mes de mayo”.

Esta familia ucraína emprendeu viaxe a Ribadeo hai unhas semanas porque unha das súas fillas atópase vivindo con ribadenses e estudando aquí desde o pasado mes de agosto. E outra das fillas viña pasar os veráns e o nadal coa parella ribadense que agora os aloxa na súa casa. Era unha asociación, con sede en Andalucía, a que traía a estes nenos ao sur e ao norte de España.

Desde Acisa Ribadeo “también queremos hacer una llamada al comercio local asociado para que aquellos que quieran colaborar puedan aportar ropa, calzado, mochilas, material escolar, alimentación, pañales, etc… en nuestras oficinas nos ofrecemos para recogerlo en horario de mañana y si no les facilitaremos un teléfono de contacto para que lo puedan hacer llegar directamente a esta familia refugiada ucraniana”.

Exit mobile version