Site icon Crónica3.com A Mariña

Arde a cabina de pintura dun taller en Foz

Foz, 19 de maio, 2022. Un incendio afectou á cabina de pintura dun taller no lugar de Marzán, no concello de Foz, sen que se producisen danos persoais.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, tratouse dun pequeno lume que provocou danos na cabina e tamén na cheminea de extracción de aire e que foi apagado polos propios traballadores.

Os feitos tiveron lugar uns minutos antes da unha desta tarde. Nese momento, o 112 Galicia recibía o aviso do incendio mediante os Bombeiros de Barreiros.

Axiña, os xestores do 112 Galicia requiriron a intervención do GES de Cervo, da Policía Local, da Garda Civil, de Protección Civil e de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Exit mobile version