Site icon Crónica3.com A Mariña

Continuando coas actividades programadas para as persoas maiores, dende a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Alfoz, durante este venres tivo lugar na Escola de Adelán un obradoiro de Musicoterapia, realizado en colaboración coa Escola Galega de Saúde

Durante o mesmo as persoas participantes puideron lembrar e cantar as cancións da súa infancia, cancións populares do folclore galego, crear pequenas coreografías e, como non, tamén tiveron ocasión de sair á pista de baile. A través deste obradoiro coñeceron os numerosos beneficios da música para mellorar o estado físico, cognitivo e, por suposto, emocional, aspectos fundamentais para acadar un óptimo benestar persoal.

Exit mobile version