Site icon Crónica3.com A Mariña

Convocado o concurso de carteis da XXXVI Feira do Bonito de Burela

Burela 27 de maio, 2022. A Sociedade Cultural Recreativa Musical Ledicia convoca un concurso de carteles co gallo da celebracion da XXXVI Feira do Bonito os vindeiros 6 e 7 de agosto de 2022 na zona portuaria

BASES
1. Convocase o concurso en duas categorias
• Categoría A: concursantes ate 14 anos (incluidos)
• Categoría B: concursantes maiores de 14 anos
2. Poden participar todalas persoas que o desexen (con un ou varios traballos) que se
entregaran sen asinar e acompanados dun sobre pechado cos seus datos no interior;
indicando no exterior a categoria na que concursan
3. O tema debe ter – necesariamente – relacion co bonito e/ou co ensalzamento da feira
4. O encabezamento do traballo sera XXXVI FEIRA DO BONITO, e deben aparecer
tamen o lugar e data de celebracion Burela 6 e 7 de agosto de 2022
5. A tecnica a empregar e libre, pero no caso de traballos que se presenten en soporte
informatico, deben acompanarse dun exemplar impreso. As medidas para os traballos son:
• Cat. A: 15 X 20 cm
• Cat. B: 50 x 65 cm
6. Os orixinais poden entregarse ata o día 20 de xuño de 2022 no local social da
Sociedade Cultural LEDICIA – Rua do Ril, 4 entr/baixo – 27880 – Burela
• de xeito persoal os luns entre as 21:00 h e as 21:45 h
• por correo
• contactando con algunha persoa da xunta directiva
7. Premiarase un traballo por categoria: o ganador da Categoría A para o programa de
man, e o da Categoría B para o cartel anunciador da Feira
8. Os premios consistiran en obsequios representativos da Feira e seran entregados o propio
dia da celebracion
9. Todolos orixinais quedaran en poder da S.C.R. Ledicia
10. A participacion no concurso implica a aceptacion das presentes bases

Exit mobile version