Site icon Crónica3.com A Mariña

Derrota do Pescados Rubén Burela ante o Betis

Burela, 8 de maio, 2022. Derrota do Pescados Rubén Burela ante o Betis, que está a loitar polo descenso. Os mariñáns competiron outra vez máis o partido en Vista Alegre, con todo, non logran sacar resultados positivos.

Chegaron a ir dous cero no marcador na primeira parte. Primeiro, cun tanto de Iago Míguez que abría o marcador no minuto 3, e o segundo tras unha xogada que remata Quintela de maneira sobresaliente no minuto 14. O primeiro período o Burela tiña máis ganas de levar o partido, e tivo ocasións de aumentar a súa vantaxe, con todo ía ser o Betis o que ía recortar as distancias con Juanan no minuto 18. Chegouse ao descanso con 2-1.

Nos inicios da segunda parte, no minuto 22 Juanan volve anotar empatando o partido. Neste tramo do partido o Burela non baixaba os brazos e tivo varias ocasións coas que finalmente ía chegar no minuto 28 o gol de Isma cun bo gol cun disparo desde fóra da área.

Os laranxas seguían gozando de ocasións claras, pero desde o últimos cinco minutos o partido cambiou totalmente. Quintela ía meter en propia e con isto empataríase o partido a 3, e a partir de aí o Betis empezou a xogar de cinco para levar o partido. Nestes momentos notábase que o Betis ía a por todas porque necesitabas os puntos para loitar polo descenso, e Juanan facía o Hat- Trick no minuto 36 que ía ser definivo.

Ficha técnica
Pescados Rubén Burela: Edu, Isma, Iago Míguez, David Pazos, Quintela –cinco inicial- Lucho, Alex Díz, Pitero, Wanderson, Renato , Kaluza y Rikelme.
Real Betis Futsal: Sarmiento, Cléber, Rubén Cornejo, Juanan, Raúl Jiménez- Cinco Inicial-, Cidao, Joselito, Rubén Cornejo, Eric Pérez, Álvaro Otero, Pablo Otero, Guido.
Goles: Min 5 Iago Míguez 1-0; Min 15 Diego Quintela 2-0; Min 18 Juanan 2-1; Min 21 Juanan 2-2; Min 28 Isma 3-2; Min 35 PP Diego Quintela 3-3; Min 36 Juanan 3-4
Árbitros: GONZÁLEZ MORETA- SÁNCHEZ CHAMORRO, MOREIRA BERMÚDEZ -GARCÍA VÁZQUEZ. Amarela a Quintela, Pazos, Iago y Isma del Burela y José Ántonio, Ángel, Pablo y Eric del Betis

Incidencias: Partido correspondenteá xornada 26ª de Primera División RFEF. Disputado no pavillón Vista Alegre de Burela.

Exit mobile version