Site icon Crónica3.com A Mariña

Domingo Álvarez, do Egovarros, consigue a medalla de bronce no campeonato de España máster de 10km en ruta.

Viveiro, 9 de maio, 2022. O pasado domingo celebrouse na localidade Ourensá de O Barco de Valdeorras, o Campeonato de España de 10km en ruta, no que participaron máis de 500 atletas representando a clubs de toda España. O percorrido discurreu polas principais rúas do concello nun circuíto ó que lle tiveron que dar 3 voltas ata completar os 10km. O día presentouse moi caluroso o que impideu dalgunha maneira que se acadaran grandes marcas.

O Club Deportivo Egovarros estivo representado na proba por 3 atletas que acadaran as marcas mínimas para poder participar no Campeonato de España, outros atletas do club mariñán, malia ter tamén marcas mínimas, non puideron participar ó atoparse recuperándose de lesións.

Por parte do clube da cidade do Landro, o gran triunfador foi Domingo Álvarez que na categoría M70 acadou a medalla de bronce, os seus compañeiros: Begoña de Arriba e Jose Angel López, tamén realizaron unha meritoria proba.

Exit mobile version