Site icon Crónica3.com A Mariña

Experiencias efémeras no Lugar das Marías

Xove, 1 de maio, 2022. Tras abrir as nosas portas en xullo de 2020, por fin podemos poñer en práctica a nosa idea inicial de dotar de contido o Lugar das Marías máis aló dos servizos clásicos de aloxamento, almorzos e merendas. O programa ‘Experiencias efémeras’ nace coa intención de poñer en valor a vida na aldea a través de actividades creativas e saudables que permitan visibilizar a mulleres que traballan nestes ámbitos, crear redes de apoio e fomentar o benestar das persoas participantes. O programa terá lugar no mes de maio e consistirá no desenvolvemento de catro obradoiros acompañados dos sabores da aldea en forma de brunch ou merenda.

EXPRESIÓN CORPORAL E PERFORMANCE & BRUNCH
7 de maio de 11:00 a 14:00 h. A primeira das propostas é un obradoiro de expresión corporal e iniciación á performance de 2 horas de duración impartido por Ana Corujo e Lara Buyo do Colectivo LAG. Despois do taller servirase un brunch para as asistentes. Prezo: taller 15€, brunch 10€.

CERÁMICA & MERENDA
10 de maio de 16:30 a 20:00 h. A segunda proposta consiste nun taller de cerámica que impartirá a artista e artesá Iria Pigueiras. O taller ten unha duración de 3 horas e inclúe todos os materiais necesarios así como o posterior esmaltado e cocido das pezas. Haberá un descanso no se que servirá unha merenda. Prezo: taller 40€, merenda10€.

IOGA & BRUNCH
14 de maio de 11:00 a 13:00 h. Na terceira das propostas repetimos actividade, o Ioga & Brunch será conducido por Nuria Torrado e consistirá nunha sesión de ioga dunha hora de duración que se desenvolverá no exterior, a continuación servirase o brunch na terraza. Prezo: sesión ioga 15€, brunch 10€.

BORDADO & MERENDA
27 de maio de 17:00 a 19:30 h. O programa finaliza cun taller de bordado & merenda impartido por Yasmina González, no que tamén se facilitarán todos os materiais (bastidor, fíos, teas…). A actividade inclúe unha merenda. Prezo: taller 35€, merenda10€.

En todas as actividades se require dun número mínimo de participantes e dun número máximo. O prezo do taller está adaptado á actividade e a quen a imparte. En todos os casos se intentará o desenvolvemento da actividade no exterior.

O programa arrinca o vindeiro sábado, 7 de maio, cun obradoiro de Expresión corporal e inciación á performance, que impartirán Ana Corujo e Lara Buyo de SomosLag. A actividade complementarase cun brunch no café-xardín do Lugar das Marías.

Para anotarse é preciso cubrir o seguinte formulario:

https://forms.gle/kEqovyQFUt9U6Q7q8

Máis información no 646.00.33.43.

Exit mobile version