Site icon Crónica3.com A Mariña

Incendio nun inmoble no Valadouro

O Valadouro, 3 de maio, 2022. Este martes declarouse un incendio nun piso dun inmoble situado na Rúa Andrés López Palmeiro, no Valadouro. Deixou importantes danos na vivenda, mais afortunadamente, ningunha persoa resultou ferida.

Concretamente, o lume afectou ao primeiro andar do edificio, que ardeu por completo. Ademais, as lapas provocaron danos no faiado do inmoble. Os feitos sucederon uns minutos despois da unha da tarde. A esa hora, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para alertar de que vía saír lume e fume pola fiestra dun piso.

Axiña, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Barreiros, do GES de Cervo, da Garda Civil e de Protección Civil.

Exit mobile version