Site icon Crónica3.com A Mariña

Monitoras da aula Gaia realizan obradoiros de manualidades con material de refugallo no Ceip Virxe do Carme

Os nenos e nenas das aulas de Infantil elaboraron bonecos con distintos
materiais xa usados polo Día Mundial da Reciclaxe

Burela, 19 de maio de 2022. As monitoras da aula Gaia dependente da delegación de Medio ambiente do Concello de Burela están a realizar visitas ao Ceip Virxe do Carme nesta semana con motivo do Día Mundial da Reciclaxe, que se celebra o 17 de maio, para poñer en práctica obradoiros de manualidades con materiais de refugallo.

Aproveitando a temática da decoración do colexio, “Escola xurásica”, os pequenos e pequenas elaboraron con rollos de papel hixiénico e pinturas unha figura con forma de dinosaurio.

As sesións comezaron este mércores e finalizarán mañá, cun total de tres obradoiros no que o alumnado fixo estes dinosaurios, en cada aula distintos, para complementar e ambientar os espazos do centro de ensino cun doble obxectivo, fomentar a creatividade e inculcar valores de aproveitamento e reciclaxe dos materiais que non se van empregar máis.

As monitoras de Gaia foron compartindo coas nenas e nenos conceptos importantes ao longo destes obradoiros de manualidades, tratando de que integren nos seus hábitos a reutilización dos recursos dun xeito divertido e dinámico, e que estas nocións lles podan dar ideas para empregar con outros materiais ou obxectos.

Esta actividade enmárcase dentro da programación Gaia para o curso lectivo 2021-2022, con multitude de propostas aos centros educativos tendo como fundamento a educación medioambiental.

Exit mobile version