O BNG de Foz lembra que só o pasado ano na liña Ferrol-Ribadeo, producíronse preto dun milleiro de incidentes, que teñen unha relación directa coa redución de persoal, a supresión reiterada de servizos –co conseguinte prexuízo ás usuarias- e o abandono no mantemento das infraestruturas, como é o material rodante, estacións, problemática na expedición de billetes, etc.
Recentemente a FEGAMP esixiu tamén a Transportes e a Renfe nunha declaración institucional, garantir a universalidade e accesibilidade ao servizo axustándose as necesidades dxs usuarixs, algo que actualmente está moi lonxe de cumplirse na Mariña.
Ademais o Ministerio de Transportes ten previsto aprobar en 2023 a lei de movilidade sostible que pode supoñer un novo retallo nos servizos ferroviarios, o que pode levar ao feche de determinadas liñas actualmente en funcionamento.
Esta situación de deterioro do servizo ferroviario para o BNG de Foz implica máis alá de anuncios baleiros de contido, decisións políticas claras, con investimentos e prazos para a modernización da liña en condicións de calidade e operatividade. Por iso o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana debería recuperar, garantir que se cumplan e na medida do posible incrementar, as frecuencias horarias do transporte por ferrocarril na Mariña, coa adecuación ás demandas dx usuarixs para facer do servizo público unha ferramenta útil e eficaz na mobilidade da Mariña. Solicitaremos tamén a mellora no mantemento tanto do entorno das paradas, nas propias estacións recuperando a presencialidade na venta de billetes, como no servizo a bordo coa adecuada a supervisión nos convois e as necesarias melloras no proprio material rodante. E instaremos a Xunta de Galiza a dirixirse ao Ministerio de transportes para garantir o anterior e facer as alegacións precisas ao Anteproxecto de Lei de Mobilidade Sostible.