Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo teatral O Centiño de San Martiño, en Foz, estrea nova obra

Foz, 18 de maio, 2022. Despois de meses e anos de abstinencia teatral, os do Centiño retoman os escenarios cunha nova representación. Desta volta abordan o tema da xubilación e da morte conxuntamente, para crear unha mestura que podería semellar macabra, pero que remata sendo divertida.

Crispín vén de xubilarse no banco e está deprimido. Non soporta a inactividade da súa nova forma de vida e cre adiviñar que así, sen estímulo para vivir, a morte virá buscalo axiña. Faille a vida imposible a Benilde, a súa muller. Menos mal que o seu amigo Reigosa tenta animalo para recuperar o ánimo.

Será o vindeiro domingo, día 29 de maio, ás 19,00 horas, no local social de Ferreiravella, en San Martiño. Haberá prazas limitadas.

Exit mobile version