Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Cervo pide ao PSOE “que non faga o ridículo” vinculando a decisión dunha empresa 100% privada como Altri a presións políticas

Postos a pedir explicacións os populares “agardan aínda” que expliquen por que o Goberno de España non aproba o estatuto de empresas electrointensivas que se precisa para reactivar a produción de aluminio primario: “Esa si é unha decisión política que depende, en exclusiva da vontade do Goberno de Pedro Sánchez”

Cervo, 24 de maio de 2022. O Partido Popular de Cervo pídelle ao PSOE “que deixe de facer o ridículo” diante da veciñanza intentando vincular a decisión dunha empresa 100% de capital privado, como é o caso da celulosa Altri, con presións políticas do Goberno galego.

Para os populares estas declaracións do PSOE tratan de “infantilizar á xente empregando argumentos insostibles”, pero subliñan que “unha mentira repetida moitas veces non se converte en verdade”. Os socialistas “saben perfectamente” que o emprazamento da futura fábrica de fibras téxtiles “non foi unha decisión política seno unha decisión empresarial que resposta a criterios exclusivamente técnicos”

Os populares alégranse da aposta de Altri por establecerse en Galicia, en particular na provincia de Lugo, tendo en conta que podería facelo en calquera outra comunidade autónoma. Con todo, lamentan que o municipio lucense non cumprira as condicións técnicas necesarias para permitir o seu emprazamento, en concreto, pola falta de dispoñibilidade dun recurso hídrico en cantidade suficiente.

Desde o PP de Cervo si consideran que postos a pedir explicacións en relación cos proxectos industriais do municipio, o PSOE ten aínda pendente contarnos porque se están a negar á aprobación do estatuto de empresas electrointensivas, tal e como reclama Alcoa e o propio Comité de traballadores vén demandando desde hai tempo.

“Esa si que é unha decisión puramente política, que corresponde dun modo directo ao Goberno de Pedro Sánchez e que, polo momento, segue sen cumprirse, pois a normativa actual é manifestamente insuficiente para garantir un prezo eléctrico competitivo, básico para acadar a reactivación da produción de aluminio primario na fábrica de San Ciprián”.

Exit mobile version