Site icon Crónica3.com A Mariña

O Renacer do Cantil continuou a pasada fin de semana coa Xeoruta dos Pregues

Ribadeo, 30 de maio de 2022. As actividades do Renacer do Cantil, organizadas pola Concellaría de Turismo, seguiron a pasada fin de semana.

Fran Canosa foi o encargado de guiar a Xeoruta dos Pregues, que se desenvolveu o sábado, 28 de maio. Os participantes visitaron unha das maiores estruturas xeolóxicas da Mariña lucense, o gran pregue que se estende desde a ría de Foz ata a ría de Ribadeo e que se xerou hai máis de 350 millóns de anos.

Para as fins de semana do vindeiro mes de xuño están programados Baños de cores, Artesanía de namorar, Arte no Cantil e mapas sonoros (taller para nenxs) e tamén espectáculos ao aire libre a cargo de Os Quinquilláns Teatro.

A participación en todas estas actividades é gratuíta. As persoas interesadas en acudir poden anotarse na páxina web de Turismo: http://turismo.ribadeo.gal

Exit mobile version