Site icon Crónica3.com A Mariña

Pescados Rubén 2-0 Atlético Torcal

Burela, 14 de maio, 2022. O Pescados Rubén Burela vén coa moral polas nubes despois do seu triunfo copeiro e esta tarde de sábado en Vista Alegre vence ao Atlético Torcal 2-0 nesta 26 xornada de Primeira RFEF Feminina de Futsal. As guerreiras non queren parar de gañar ata que se xogue o último partido de tempada.

O partido empezaba cun Torcal moi serio en pista, e a pesar da diferenza na táboa clasificatoria, sabía o que se estaba xogando neste partido e non ía regalar nada. As laranxas non conseguían precisar en ataque, e calquera xogada con mínimo perigo o Torcal solucionábaa. Ían aguantar bastante o marcador ata chegado o minuto 10, onde Ale de Paz abría o marcador. Dous minutos despois, Jenny ía anotar o 2-0 cun disparo fose da área.

Con isto amósase que as guerreiras non necesitan moito para facer gol, pois non estaban a profundar en exceso pero a pesar diso xa ían dous goles por diante. O resto da segunda parte o Burela mostraba mellor xogo, con oportunidades e circulacións rápidas e entre medias os visitantes só ían asustar á meta Sandra cun disparo ao traveseiro. Acabaríase a primeira parte co Burela buscando o terceiro.

Iniciaba a segunda metade co Torcal buscando recortar distancias, con todo as oportunidades non eran moi claras. As laranxas, se tiñan opcións de anotar o terceiro, xa que primeiro Bea Mateos coa portería batida non puido meter gol e seguidamente Leti cun balón ao segundo pau non lograba definir.

A partir dos últimos 10 minutos, o Burela estaba a dominar o xogo e o Torcal buscaba algún contragolpe, pero non lle duraba nada o balón. Con todo ían lograr provocar un penalti, que finalmente non conseguen converter.

Con xa con moita antelación, no minuto 33, as visitantes tentaron o xogo de cinco para reducir distancias e a partir deste intre ían ser elas as que mereceron anotar. Cambiou o partido de tornas, pois tiveron dúas ocasións clarísimas para reducir distancias, unha no minuto 35 e outra no 38 , con dous disparos que rexeita Sandra evitando o gol de forma crucial.

O partido ía acabarse co Burela tendo un disparo ao traveseiro, aproveitando ao Torcal mal posicionado, pero o marcador non se ía a mover do 2-0.

Ficha técnica
Pescados Rubén Burela: Sandra, Dany, Emilly , Ale De Paz , Irene Samper -Cinco inicial- Jenny, Lara Balseiro , Elenita, Bea Mateos, Elena Aragón, M.Cortés, e Jozi.
Atlético Torcal: Eva, Alejandra, Noelia, Tais, Cecilia, -Cinco Inicial- Nuria, Raquel, Pina, Pam e Carmen.
Goles: Min 10 Ale de Paz 1-0; Min 12 Jenny 2-0.;
Equipo arbitral: AMOR VIZOSO DARRIBA VILLAMOR DE LUIS IGLESIA, I. DE LUIS IGLESIA, A. Cartón amarelo a Eva.
Incidencias: Partido correspondente á xornada 26 de Primera División RFEF Futsal Femenina, disputado no pavillón Vista Alegre

Exit mobile version