Site icon Crónica3.com A Mariña

Trinta e cinco mulleres participaron este domingo na viaxe a un balneario de Xixón organizada pola Área de Igualdade de Ribadeo

Ribadeo, 30 de maio de 2022. O Concello de Ribadeo, a través da Área de Igualdade, levou a cabo onte, domingo, unha viaxe ao Balneario Forus de Xixón.

A excursión contou coa participación de 35 mulleres que gozaron dun día de relax. A concelleira de Igualdade, Mari Luz Alvarez Lastra, celebra o éxito desta actividade, na que as mulleres desfrutaron dun tempo de lecer para si mesmas e tiveron á súa disposición, coa entrada ao recinto, tanto das zonas de fitness como das zonas de talasoterapia. No completo circuíto termal houbo posibilidade de acceder a un gran número de elementos (piscinas e saunas de distinto tipo, zona de pediluvio, piscina exterior climatizada con hidroterapia e zona de infravermellos).

“Desde o Concello, agradecemos a participación e animamos ás mulleres para seguir sendo partícipes de todas e cada unha das actividades que seguiremos ofrecendo”, engadiu a edil ribadense.

Mariluz Álvarez indicou que “a experiencia foi tan positiva e satisfactoria que pensamos repetir esta iniciativa tras o verán, favorecendo e promovendo desta forma un coidado dirixido exclusivamente á saúde das mulleres”.

Exit mobile version