Site icon Crónica3.com A Mariña

Xadrez nas XI Xornadas Formativas de Imdecum

Burela, 19 de maio, 2022. Seguen en marcha as XI Xornadas Formativas de Imdecum para os alumnos do Ciclo Superior de Ensinanza e Animación Sociodeportiva. Esta vez foi no IES Monte Castelo, consistindo o relatorio en “Xadrez, primeiros pasos”.

Por este dia, Julio Delgado cambiou os adestramentos de futbol sala e foi relator desta actividade, conectando co alumnado como se fose un profesor máis.

A actividade tivo dúas partes, onde a primera estaría composta por unha ponencia teórica onde Julio explicou aos alumnos os fundamentos e unha introducción ao xadrez, pasando dende a estructura do seu tableiro até os movementos que se poden facer. En segundo lugar, pasaríase a práctica, e os alumnos por parellas enfrotáronse entre sí, sempre con Julio recomendando as mellores xogadas ou movementos.

A xornada foi un éxito, pois o alumnado sae hoxe con unha nova experiencia nalgún caso, e sobre todo, con máis coñecemento sobre este xogo que a priori vemos sinxelo, pero que requiere un entendemento esixente para captar toda a súa complexidade.

Exit mobile version