Site icon Crónica3.com A Mariña

Xove convoca un concurso fotográfico medioambiental

Xove, 12 de maio de 2.022. A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Xove convoca un concurso de fotografía para celebrar o Día do medio ambiente, baixo o epígrafe ‘cal é o teu espazo natural preferido de Xove?.

O obxetivo do concurso é potenciar o coñecemento do medio natural do concello. Para a consecución deste obxectivo, búscase a imaxe preferida de cada participante do espazo natural (praia, campo, monte, río, xardín, árbore, pena, etc) do Concello. Pode ser unha fotografía dese lugar, ou o/a participante realizando unha acción nesa contorna natural.

Categorías de participación:
• INFANTIL: ata os 12 anos.
• XUVENIL: de 13 a 17 anos (ambos incluídos).
• ADULTO: de 18 anos en diante.

Premios:
• Un trofeo en cada categoría á foto que máis guste (máis votada) segundo votación popular.
• Un obsequio institucional a cada participante.

O prazo de recepción dos traballos comeza o venres 13 de malo e remata o luns 6 de xuño ás 0.00h. O venres 10 de xuño as fotografías participantes serán publicadas, por categorías, na páxina de facebook do Concello de Xove, onde a cidadanía poderá votar pola súa foto favorita ata o 14 de xuño, ás 0.00h.

Cada participante poderá presentar unha soa fotografía cunha mínima calidade para ser colgada no Facebook, co fin de facilitar un bo visionado. A organización do concurso adaptará as fotografías á capacidade da rede na que vai ser publicada.

A fotografía que máis “me gusta” acade en cada categoría será a gañadora.

Requisitos:
• Para participar as fotografías enviaranse por correo electrónico a medio.ambiente@xove.es. Haberá que incluir tamén a seguinte información: Nome, apelidos e data de nacemento da autora ou autor. Descrición ou título da fotografía. Número de teléfono de contacto. No aso dos menores de idade tamén se especificará nome, apelidos, e teléfono de contacto das nais/pais ou titora/titor legal. Se na fotografía aparecen persoas deberán indicarse os seus datos e a conformidade para ser fotografada/o.

Os premios daranse a coñecer o 16 de xuño, a través da mesma páxina de Facebook do Concello de Xove, así como na web www.xove.es

O mesmo día, 16 de xuño, comunicarase o día, hora e lugar no que se entregarán os trofeos aos gañaores e a entrega do obsequio a cada participante.

Exit mobile version