Site icon Crónica3.com A Mariña

XVI agasallo a Luís Seoane na escola de Arroxo de Lourenzá este sábado, 1 de xuño

Lourenzá, 29 de maio, 2022. A cita será na Escola de Arroxo, parroquia de Lourenzá.

Ás 20 h, presentación da Biblioteca Maravilhas con: Begoña e Vicente da Editorial Media Vaca, Premio Nacional ao melhor labor editorial em 2018, Rocío López, alcaldesa de Lourenzá; Rosa, cooperadora no agasalho e mais todas as pessoas amigas daqui e dacolá

Ao longo do día Mostra de Libros e Cartaces da Editorial Media Vaca e figurandorecuerdo(s)edicions, para comezar a Biblioteca Maravilhas doaranse libros das dúas editoras.

Luis Seoane nace en Buenos Aires o día 1 de xuño de 1910, e con este motivo as pessoas amigas de Luis e Maruja Seoane organizamos umha pequena festa para recordar esa data que para o mundo da Arte e da Ética é moi importante.

Morre na Corunha o 5 de abril de 1979. Ao ser umha pessoa tam vitalista e chea de enerxía queremos festexar e lembrar o dia do seu nacemento como un día grande para Galiza e o resto do planeta, com conversas, doces, cousas lindas, e… moito mais

Exit mobile version