Site icon Crónica3.com A Mariña

A explanada do porto deportivo de Viveiro estará ata o luns a disposición dos veciños e visitantes para estacionar

Viveiro, 30 de xuño. O Concello de Viveiro informa que desde hoxe e ata o luns, 4 de xullo, poderase estacionar na explanada do porto deportivo de Viveiro.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, realizou as xestións necesarias con Portos de Galicia, solicitando que se autorizase o uso dese espazo para este fin, tendo en conta a necesidade de ampliar as prazas de estacionamento existente ante a afluencia masiva de vehículos durante a celebración do Resurrection Fest.

Deste xeito, dende o día de hoxe e ata o luns veciños e visitantes poderán estacionar neste espazo, titularidade de Portos de Galicia. Normalmente non pode estar aberta, pero o concello solicita o seu uso en situacións excepcionais como a desta semana.

Exit mobile version