Site icon Crónica3.com A Mariña

A Garda Civil detivo no Valadouro a unha veciña, de 41 anos de idade, como suposta autora dos delitos contra a saúde pública e defraudación de fluído eléctrico

No desenvolvemento da operación Indoor realizouse un rexistro domiciliario localizando unha plantación de suposta cánnabis sativa, envasadora ao baleiro, básculas de precisión, sistemas de videovixilancia de seguridade perimetral e un sistema eléctrico profesional orientado ao cultivo intensivo. Intervéñense no operativo policial varios recipientes con marihuana, hachis e cocaína así como 290 pugas e plantas de cánnabis. A persoa detida foi posta a disposición do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº un de Mondoñedo, decretando o seu ingreso en centro penal.

Exit mobile version