Site icon Crónica3.com A Mariña

A Vicepresidencia apoia a segunda edición da Copa Deputación de Tiro Olímpico, que se celebrará o 17 de xullo en Viveiro

Lugo, 8 de xuño de 2022. O 17 de xullo disputarase en Viveiro a segunda edición da Copa de Tiro Olímpico Deputación de Lugo, organizada polo Club de Tiro San Roque coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

O deputado de Deportes Efrén Castro e o presidente do club viveirense Juan José Casabella presentaron a competición, que traerá a Viveiro a tiradores e tiradoras das categorías absoluta e junior de toda Galiza e do Occidente Asturiano

A proba consistirá en tiradas de 100 platos máis unha final olímpica na que partiparán as oito mellores tiradores. As inscricións están abertas –a través de Whatsapp ao 616933646- ata o xoves 14 de xullo.

O deputado Efrén Castro explicou que “desde a Vicepresidencia da Deputación apoiamos a organización de copas provinciais noutras disciplinas, como o atletismo ou o piragüismo, que ao longo dos anos contribuíron a facer medrar a base deses deportes. Cremos que, no caso do tiro olímpico, competicións deste tipo tamén pode ser un aliciente para conseguir ese dinamismo e apoiar o traballo dos clubs”.

Exit mobile version