Site icon Crónica3.com A Mariña

Ana Pontón en Ribadeo

Compostela, 21 de xuño, 2022. A portavoz nacional, Ana Pontón, realizará este mércores unha visita institucional ao concello de Ribadeo onde da man do alcalde, Fernando Suárez, coñecerá algúns dos proxectos de máis calado desenvolvidos polo goberno local. Neste sentido, visitará o centro de atención ás persoas maiores de xestión pública municipal, onde farán un percorrido guiado para coñecer de primeira man as actividades e servizos que se ofrecen no centro.

A continuación, Pontón e Suárez farán un percorrido pola vila para coñecer as principais actuacións de recuperación urbanística, así como de apoio ó comercio local, tamén exemplos da política social e de recuperación da memoria histórica que ten levado a cabo a equipa de goberno municipal que lidera o alcalde.

Exit mobile version