Site icon Crónica3.com A Mariña

Antía Yáñez e a Psiquiatra Iria Veiga visitaron o Club de Lectura de Alfoz

Este venres houbo reunión na bilbioteca do Club de Lectura para desfrutar coa visita da escritora de Burela Antía Yáñez e a Psiquiatra Iria Veiga. Inmersos na lectura do libro “Non penses nun elefante rosa” no que se retrata de xeito maxistral a situación de Aurora, a súa protagonista, que padece TOC, cun ritmo frenético que che transmite a velocidade de vértigo do cerebro de Aurora, a presión…, un libro imprescindible para dar a coñecer unha realidade que sofren moitas máis persoas do que podemos pensar. O libro é a “excusa” para poder coñecer á autora e a través dela a obra, de analizar coa doctora Iria Veiga a realidade do problema, máis visible desde a pandemia sen dúbida, pero no que esta sociedade precisa implicarse e avanzar.

Exit mobile version